Medio Ambiente inicia a tramitación da nova Lei de Patrimonio Natural de Galicia, que actualizará a norma vixente desde 2001

Viernes, Febrero 3, 2017

O Consello da Xunta aprobou o acordo para iniciar os trámites do anteproxecto lexislativo, co que se pretende levar a cabo unha protección transversal do patrimonio natural galego, modernizar a lexislación autonómica nesta materia e consolidar a preservación do patrimonio e da biodiversidade como unha prioridade.

Entre as principais novidades cómpre salientar a introdución da nova figura das microrreservas naturais e a creación do Catálogo de hábitats en perigo de desaparición

O texto introduce cambios substanciais no réxime sancionador en aplicación das previsións estatais básicas, o que suporá un incremento das contías.