Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá


Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá

Feitizos de montaña, Mosaico ecolóxico e sons do Navia

O tempo

Imaxes

Introducción

Declarada no ano 2006, ocupa un 6% da supercie da provincia de Lugo, incluíndo tres concellos: Navia, Cervantes e Becerreá.

Outras figuras de protección que posúe: Zona de Especial Protección Valores Naturales (ZEPVN): (2); Zona Especial de Conservación (ZEC); Zona de Especial Protección para las Aves (ZEPA); Zona de Especial Protección para el Oso pardo e Reserva Nacional de Caza.

Con máis de 1.600 metros de desnivel, a intrincada rede hidrolóxica que drena no río Navia e a natureza dos materiais xeolóxicos (plutón granítico, entre outras), conviven coa variedade de formacións xeomorfológicas, de orixe glaciar e fluvial. Existen ademais pequenos afloramientos calcáreos coa consecuente estruturación da paisaxe e da vexetación, incrementando a heteroxeneidade estrutural do mosaico ecolóxico da comarca.

Web propia

Patrimonio Natural

Recoñecéronse un total de 35 tipos de hábitats de interese comunitario, dos cales 10 son prioritarios.

A Reserva inclúe no grupo de flora especies en perigo de extinción, como o fento Lycopodiella inundata e o brióto Zygodon conoideus. Entre a fauna, a reserva alberga especies de elevado valor para a conservación, destacando o cangrexo de río (Austropotamobius pallipes) así como a existencia de poboacións de ungulados silvestres.

Destaca a presenza de importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados, entre outros, por acibros, que conviven xunto a medios agropastorais de gran interese ecolóxico e coa práctica tradicional de gandería extensiva.

As turbeiras de cobertor, de gran importancia ecolóxica e valor intrínseco para a paleopo-linoloxía, tamén enriquecen ao conxunto.

Patrimonio Cultural

Da época prehistórica destaca o conxunto de túmulos e cámaras megalíticas, así como os castros.

A Reserva foi intensamente romanizada, como o demostran os vestixios da antiga calzada romana (Vía Romana XIX) e á explotación mineira con 155 xacementos.

O seu pasado medieval demóstranno varios castelos existentes na zona, así como a construción de pontes, hórreos, muíños e ferrerías, testemuño do aproveitamento humano no curso dos ríos.

O expoñente máis importante da arquitectura popular é a palloza, con paredes de pedra e cuberta por un tellado cónico, formado por talos de piornos (Cytisus purgans), sen esquecernos dos cortizos, recintos en forma de muralla rústica construídos nas ladeiras das montañas para protexer as colmeas do ataque dos osos.

Servizos

Aloxamento: Si. Comer: Si.

Información de utilidade

Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) Teléfono: +34 982 227 812 Centro de Interpretación y Gestión de la Reserva Nacional de Caza dos Ancares (Campa da Braña) Teléfono: +34 982 181 252

Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá

Feitizos de montaña, Mosaico ecolóxico e sons do Navia

O tempo

Imaxes

Ecosistema

Flora

Fauna

Patrimonio material

Patrimonio inmaterial

Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá

Feitizos de montaña, Mosaico ecolóxico e sons do Navia

O tempo

Imaxes

Como chegar?

Permisos necesarios

Non hai contido que amosar.

Contacto

Miradoiros

Ocio

Produtos locais

Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá

Feitizos de montaña, Mosaico ecolóxico e sons do Navia

Non hai documentos que amosar.