A Cela-Pitões

Alta
10 h
A pé
28 km
Lineal
Inicio: A Cela (Lobios)
Fin: Portela de Pitões (Muíños)

Videointerpretación ruta da A Cela-Pitões

O percorrido lineal discorre por unha zona de forte pendente e atravesa áreas de gran valor do Parque Natural, polo que o sendeirismo só está permitido nas vías existentes. O itinerario sobe desde a aldea da Cela ata Alvite e, desde aí, ata Salgueiro, zona de acceso regulado. A posibilidade de tránsito pola aldea debe consultarse coa sede do Parque Natural en Lobios (988 788 755 - parque.natural.xures@xunta.gal).
Neste tramo destaca a panorámica da Serra do Xurés.
Tras un forte ascenso chégase á Carballeira da Barxa, desde onde se prosegue ata a Portela de Pitões que dá entrada ao Parque Nacional de Peneda-Gerês.