Camiño dos Encomendeiros

Baixa
2 h
A pé
5,5 km
Lineal
Parque Natural: Fragas do Eume
Inicio: Cal Grande (Pontedeume)

Tramo 1. Da ponte de Cal Grande á ponte de Fornelos: 3 km.
Tramo 2. Da ponte colgante de Fornelos á ponte de Santa Cristina (ou de Caaveiro): 2,5 km.

Coa ponte colgante do Cal Grande como punto de inicio, esta ruta discorre río arriba ata acadar o río Sesín. Desde aquí, o itinerario virá á esquerda cara ao Mosteiro de Caaveiro e descende ata a ponte de Santa Cristina sobre o Eume.
Hai outras opcións ou percorridos xa que a lonxitude da senda pódese acurtar iniciándoa na ponte colgante de Fornelos.