Camiño da Ventureira

Baixa
2 h
A pé
6 km
Circular
Parque Natural: Fragas do Eume
Inicio/Fin: Ponte de Santa Cristina (Monfero)

Videointerpretación ruta da Camiño da Ventureira

O itinerario discorre emboscado polo máis profundo do canón. Se inicias o roteiro na ponte de Santa Cristina (a ponte que da acceso o mosteiro de Caaveiro), ós 2 km aproximadamente do inicio atópase a Central Eléctrica do Parrote, unha vez pasado o rego da Vaca. Pasado este tramo iníciase o treito máis esixente en canto a pendente, unha vez pasada a Central Eléctrica do Parrote, temos que seguir un camiño asfaltado ata que atopemos unhas travesas de madeira que forman unha escaleira e nos reincorporamos o camiño de terra. Temos que subir máis de un kilómetro ata chegar nova Central do Eume, que atravesaremos ata chegar a unha ponte. O outro extremo desta ponte atopamos a antiga central da Ventureira. Este tramo prolóngase por carretera ata a señalización correspondente que marca o retorno ó sendeiro; unha pista foresta a media ladeira, desde a que se ven unhas boas panorámicas do Mosteiro de Caaveiro entre a densa vexetación das fragas.
 
Como chegar?
  • Desde Pontedeume tómase a estrada AC-144 en dirección á Monfero; a escados dous quilómetros, xírase a esquerda en dirección a Ombre e ao mosteiro de Caaveiro. Continúase sempre de fronte pasando o centro de visitantes do parque, o refuxio de pescadores de Cal Grande e o refuxio de pescadores da Figueira, ata chegar á ponte de Santa Cristina (Caaveiro), onde comeza a ruta. Ten en conta que durante o verán esta estrada está pechada para o tráfico de vehículos particulares, polo que para chegar o inicio da ruta terás que coller o autobús no Centro de interpretación ou realizar camiñando os 8 kilómetros que separan o Centro de interpretación do inicio da ruta da Ventureira.
     
  • Desde A Capela, pola estrada AC-564, accederemos ao inicio da ruta desde o pobo de As Neves, pola estrada da central hidroeléctricana todo recto ata antiga central de Ventureira onde iniciaremos o roteiro.