Muíños do Tripes

Baixa/Media
1,30 h
A pé
2,5 km
Circular
Parque Natural: Monte Aloia
Inicio/Fin: Área Recreativa Circos (Pazos de Reis)

O río Tripes é un afluente do Miño que nace no Monte Aloia e fai de división natural das parroquias tudenses de Pazos de Reis e Randufe. A ruta ascende polas marxes do río salpicadas de muíños (dun valor etnográfico importante) e atravesando bosques de ribeira de variada vexetación. O tramo de descenso, xa polo monte, conduce ao punto de inicio.

 

Acompañando ao río Tripes, podemos observar un bosque de ribeira no que, maioritariamente, abundan fermosos exemplares de amieiro (Alnus glutinosa), salgueiro (Salix atrocinerea) e freixo (Fraxinus angustifolia).

 

Dende esta ruta os visitantes teñen a fortuna de presenciar un exemplo perfecto da típica forma de cultivo abancalada do sur de Galicia que actualmente esta a desaparecer e que forma parte do noso patrimonio cultural.
 

Mellor época para a visita: Outono / Inverno