Camiño de Fontardión

Media/Alta
3 h
A pé
5,5 km
Lineal
Parque Natural: Fragas do Eume
Inicio: Lugar do Gallel
Fin: Central hidroeléctrica da Ventureira
Esta ruta parte desde o lugar do Gallel, pasa a carón dos Altos de Fontardión, onde poderemos ver vacas do país. Logo pásase pola área recreativa e miradoiro de Teixido, onde se pode apreciar unha marabillosa panorámica da paisaxe do canón do río Eume, o encoro e as fragas altas. O último tramo achéganos, a través dunha pronunciada baixada polas frondosas fragas, ata a vella central hidroeléctrica da Ventureira
 
Como chegar?
Despois de pasar a ponte sobre o río Eume, collemos a estrada AC-564, dirección As Neves (A Capela) que comunica coas Pontes. En Goente, tómase o desvío cara a dereita pola estrada DP-1802, con indicación en cartel do lugar de Faeira. Pouco despois do punto quilométrico 2, no lugar do Gallel, nunha curva da estrada está o cruzamento onde comenza a ruta nunha pista de terra á dereita.