Parque nacional das Illas Atlánticas


Parque nacional das Illas Atlánticas

De refuxio de piratas a Paraíso natural

O tempo

Imaxes

Introducción

Aquí está a mellor praia do mundo. E non o dicimos nós, dío o xornal The Guardian. É a praia de Rodas nas Illas Cíes. Augas cristalinas e tranquilas, area fina e dourada, unha suxestiva forma de media lúa e, protexendo a praia, un bosque de piñeiros que invitan á sesta.

Se no pasado as Cíes foron refuxio de piratas, agora están deshabitadas e abertas ao público só no verán. Así, consérvanse como un paraíso natural, sen présas, sen tráfico. Só o rumor das ondas e o vento. Mais se botas de menos o ruído, sube ao Faro. As vistas son impresionantes e poderás gozar dun espectáculo único: o balbordo de milleiros de gaivotas (quizais a maior colonia de Europa) nos cantís... voando aos teus pés.

Alén das Cíes, o parque das Illas Atlánticas inclúe Ons, Sálvora e Cortegada. En Ons non podes deixar de contemplar as misteriosas "furnas", covas mariñas esculpidas en granito que, como a lendaria "Burato do Inferno", dicíase que baixaba ata o mesmo inferno e nas noites de tormenta podíanse oír as voces dos mortos. E logo, para recuperar forzas, nada como saborear o famoso "polbo á Illa".

Navegar cara ao poñente é unha das grandes aventuras do litoral galego. Existen as illas galegas, estes son os seus nomes: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. Arquipélago de augas o bastante turquesa e area suficientemente branca para evocar praias caribeñas... "ata que metes un dedo na auga". Isto afirma como mérito o diario The Guardian ao considerar o areal de Rodas nas Cíes como o mellor do mundo. Augas frías coas mellores propiedades do océano para a vida submarina e historias singulares de pecios afundidos.

Desde o barco da ría de Vigo albíscase a liña do contorno de tres illas que xogan a ser dúas. Son coñecidas como as Cíes porque seguimos a nomealas polo alcume romano de Siccas, as illas secas, aínda que ningunha por separado se chame así. A do norte ou do Monteagudo e a do medio ou do Faro únense polo finísimo areal de Rodas e un lago que completa a estampa paradisíaca. A illa do sur ou de San Martiño permanece afastada das outras por unha canle chamada Porta do Mar. O arquipélago abrangue ademais unha serie de illotes que se unen baixo a superficie nuns fondos de enorme e fráxil biodiversidade, desde a beleza microscópica nos prados de algas ata a grandiosidade dos cetáceos que non é raro 

Ons e a súa irmá Onza ou Onceta e o illote das Freitosas pechan a ría de Pontevedra cunha liña de costa perfilada con area de praias. Pola contra, a parte non visible desde terra é extremadamente agreste e propicia para a formación de furnas e cons. A paisaxe submarina desta cara oceánica fórmana paredes verticais ateigadas de vida grazas ao afloramento de augas profundas ricas en nutrientes. Soubérono ben os habitantes desta illa, a única actualmente poboada do Parque Nacional, dedicados á pesca entre a que salienta a captura do polbo.

Sálvora, no extremo occidental da ría de Arousa, con toda a súa constelación de illas cargada de lendas e historias mariñeiras como as pequenas Noro, Vionta e Sagres, é a reserva total en fondo e superficie. Ao igual que nas anteriores Cíes e Ons, o paso do home deixou a existencia de edificacións humanas de uso relixioso (capelas, altar ou igrexa), civil (faros), militar (fortalezas) e industriais. En Sálvora a salgadeira converteuse en pazo con dúas torres e achamos ademais unha aldea de fermosa fasquía tradicional con oito hórreos e capela.

Cortegada e as veciñas Malveiras gozan da proverbial riqueza biolóxica do mar interior de Arousa. Para observarmos a actividade produtiva o peirao e paseo de Carril ofrecen boas leccións de marisqueo cos seus parques de cultivo de ameixa e berberecho. As mareas son a única fronteira da illa de Cortegada que semella conquistable a pé. En ocasións realízanse visitas guiadas que ademais da historia insular amosan tras o seu espeso piñeiral o tesouro vexetal que representa o bosquete de loureiros con exemplares de ata doce metros de altura.

Servizos

  • Situación
    Nas Rías Baixas. Componse de catro arquipélagos que son: Cortegada e Sálvora na ría de ArousaOns fronte á ría de Pontevedra e Cíes cerrando a ría de Vigo.
  • Superficie
    8.332,80 ha (1.194,80 ha terrestres e 7.138 ha mariñas). En concreto: Cíes (2.658 ha marítimas e 433 ha terrestres), Ons (2.171 ha marítimas e 470 ha terrestres), Sálvora (2.309 ha marítimas e 248 ha terrestres) e Cortegada (43,8 ha terrestres).
  • Acceso
    Servizo regular de transporte marítimo de pasaxeiros ás Cíes desde os portos de Vigo, Baiona, e Cangas en temporada alta. De igual xeito, a Ons desde Portonovo, Sanxenxo, Bueu e Marín. Servizo de guía a Cortegada desde Carril (Vilagarcía de Arousa). Sálvora, sen servizo marítimo regular de transporte ten ademais acceso restrinxido.
  • Servizos
    • Aloxamento: Só nas Cíes e Ons.
    • Comida: - Só Cíes e Ons contan con servizos de restauración.
  • Máis información
    Sede do Parque Nacional: Rúa Oliva nº 3 (Vigo). Tel: 886 21 80 90. e-mail: iatlanticas@xunta.es
  • Equipamentos
    • Centro de Interpretación Illas Cíes.
    • Punto de Información Illa de Ons (Tel. 986 687 696).
    • Observatorios de aves (illa de Ons e illas Cíes).

Información de utilidade

Non circulan vehículos por ningunha das illas que forman o Parque Nacional. Ademais, outro aspecto que debemos ter en conta é o control de lixo.

Os visitantes deberán responsabilizarse dos envases e residuos que transporten ás illas. Nas Cíes o acceso controlado a un número máximo 2.200 persoas diarias garante a tranquilidade.

Desde o embarcadoiro de Rodas resulta doado achar os percorridos principais a cada un dos tres faros existentes. Trátase de rutas de dificultade media, un pouco esixentes en días de calor e nalgúns treitos de ascenso. Porén, maior será a recompensa paisaxística.

Unha das máis recomendadas é subida en zigzag ao Monte Faro, a unha distancia de 7 km entre ida e volta desde o peirao. Neste traxecto atoparemos ricos observatorios de aves en paisaxes como o da Campá, unha auténtica ventá labrada en pedra onde abouxan en época de cría unha importante colonia de gaivotas de pata amarela cunhas 22.000 parellas reprodutoras.

Na illa de Ons o visitante atopará desde o peirao a praia e o poboado do Curro de onde parte unha longa ruta con varias posibilidades. Subirmos ao miradoiro do Faro entre as construcións dos "illáns" ou ben ir cara ao norte e situármonos na solitaria e fermosa praia de Melide. Cara ao sur, por diferentes carreiros chegaremos ao miradoiro de Fedorentos pasando polo Buraco do Inferno, unha furna con forma de pozo onde se escoita o bruar do mar desde as entrañas da terra.

Para acceder ás Illas Cíes é preciso contar coa autorización expresa da Xunta de Galicia. No caso de traslados en transporte regular deberá obter previamente a súa autorización na web: https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal.

A ter en conta

Os sistemas naturais representativos do Parque Nacional das Illas Atlánticas son as zonas costeiras e a plataforma continental atlántica. En todas as illas existen zonas de reserva para a cría de aves mariñas que o visitante deberá respectar. Os sistemas naturais representativos do parque son as zonas costeiras e a plataforma continental atlántica. A vida vexetal está condicionada polos ventos cargados de salitre. A flora máis representativa atópase en cantís e dunas. Abundan as toxeiras; e as rarezas do parque son a camariña (Corema album), a xesta de Ons (Cytisus insularis) e as flores chamadas paxariños da Linaria arenaria. Gran parte dos animais terrestres tamén dependen do mar.

Parque nacional das Illas Atlánticas

De refuxio de piratas a Paraíso natural

O tempo

Imaxes

Ecosistema

Flora

Fauna

Patrimonio material

Patrimonio inmaterial

Parque nacional das Illas Atlánticas

De refuxio de piratas a Paraíso natural

O tempo

Imaxes

Como chegar?

Servizo regular de transporte marítimo de pasaxeiros ás Cíes desde os portos de Vigo, Baiona, e Cangas en temporada alta. De igual xeito, a Ons desde Portonovo, Sanxenxo, Bueu e Marín. Servizo de guía a Cortegada desde Carril (Vilagarcía de Arousa). Sálvora, sen servizo marítimo regular de transporte ten ademais acceso restrinxido.

Permisos necesarios

Non hai contido que amosar.

Contacto

Miradoiros

Ocio

Produtos locais

Parque nacional das Illas Atlánticas

De refuxio de piratas a Paraíso natural

Non hai documentos que amosar.