As Terras do Miño


As Terras do Miño

Maxia e a alma do Miño rumorescente entre serras e bosques sagrados

O tempo

Imaxes

Introducción

Declarada Reserva da Biosfera en 2002. É a segunda máis grande da Península Ibérica e a máis grande de Galicia, ocupando o 39% da provincia de Lugo, cunha superficie de 363.668,9 ha. Abarca 26 municipios da conca alta do río Miño, pertencentes, á súa vez, a sete comarcas: Ourol (A Mariña Occidental), Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo (Mariña Central), Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade (Terra Chá), Meira, Pol e Riotorto (Meira), Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outero de Rei e Rábade (Lugo), Baralla (Os Ancares), Láncara e O Páramo (Sarria).

Patrimonio Natural

Gran parte da Reserva está incluída dentro da Rede Natura 2000 e esta constituída, fundamentalmente, polos denominados paisaxes da auga e formacións de turbeiras de cobertor.

  • Zonas Especiais de Conservación (ZEC): “Parga-Ladra-Támoga”, (4.939 ha.), “Serra do Xistral”, (22.964 ha), “Ría de Foz-Masma”, (643 ha), “Serra do Careón”, (6.662 ha).
  • Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN): “Parga-Ladra-Támoga” (4.938 ha.), “Serra do Xistral” (22.964 ha), “Ría de Foz-Masma”, (643 ha) e “Serra do Careón” (6.662 ha).

Atendendo aos hábitats da Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE), é necesario destacar a importancia da Reserva de Biosfera Terras do Miño na conservación de humidais continentais, xa que no seu interior podemos atopar representados ata 22 tipos de hábitats incluídos nos anexos da citada Directiva e que son representativos dalgún tipo de humidal (lagoas, charcas, veigas ou turbeiras). Dentro do grupo de hábitats de auga doce, na Reserva de Biosfera Terras do Miño están presentes ata 8 tipos diferentes.

Outros hábitats de humidal, e de particular importancia dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, constitúeno os queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e Erica tetralix. Este tipo de hábitats concentra a maior parte da súa superficie nas terras setentrionais e constitúe o hábitat prioritario máis extenso da Reserva de Biosfera.

Deste xeito nesta Reserva concéntranse citas de ata 123 especies de fauna diferentes, correspondéndolle as aves o grupo máis numeroso (42 especies) relacionadas coas brañas ou co mosaico agrícola.

É destacable a presenza de 4 especies catalogadas como en "Perigo de Extinción" no Catálogo Español de especies Ameazadas: Chlidonias niger, Numenius arquata, Emberiza schoeniclus e Botaurus stellaris. A esta listaxe caben engadir outras especies como Valellus vanellus, Tetrax tetrax e Burhinus oedicnemus, Anodonta cygnea, Margaritifera margaritifera Galemys pyreanicus, Miniopterus schreibersii , Rhinolophus euryale, Rhinolophus ferrumequinum e Myotis myotis.

Patrimonio Cultural

Dentro de Terras do Miño existen numerosos vestixios patrimoniais de épocas pasadas, froito dunha presenza humana desde tempos moi antigos. Así existen máis de 200 restos de monumentos funerarios correspondentes á Idade dos Metais, presenza de gravados rupestres e un gran número de castros catalogados (302).

O Museo Diocesano e o Museo Provincial de Lugo conservan interesantes pezas de arte tardoromano. Da epoca románica convén destacar a gran cantidade de igrexas que datan deste período, a maioría de planta única cunha ábsida cuxo expoñente máis destacado é a Catedral de Lugo, iniciada no ano 1129.

Por outra banda, a biodiversidade cultural, tomando como eixo unificador os cursos de auga, descobre diversos elementos e usos asociados a eles entre os que figuran os seguintes:

  • Caneiros, son pequenas construcións artesanais datadas na Idade Media;
  • Artes de pesca adaptadas ás especies e condicións particulares dos ríos, entre elas cabe destacar os redotes, trasmallos, rateles;
  • Muíños de cereais;
  • Ferrerías;
  • Batuxos, pequenas embarcacións tradicionais utilizadas como medio de paso entre beiras.

Servizos

Aloxamento: Si. Comer: Si.

Información de utilidade

O parque fluvial de Lugo esténdese en paseos, sendeiros e pasarelas que enlazan entre si os recursos naturais e culturais vencellados ao río. Un bo lugar de partida, a poucos minutos de Lugo, é o centro de interpretación na ribeira do río Fervedoira. O paseo pola ribeira deste pequeno cauce enlaza coa marxe esquerda do Miño recuperada como unha estupenda área de lecer da cidade. No centro de interpretación acharemos toda a información sobre o patrimonio natural e etnográfico que ao desprazarnos pola reserva poderemos ver en directo: as insuas, algunhas con pasarelas de acceso; os caneiros, numerosas presas baixas dedicadas ás famosas pesqueiras de anguía do Miño; ferrarías como o Mazo de Santa Comba. Neste aspecto, salienta tamén o Complexo Etnográfico da Fervenza que conta con muíño, pesqueira e fragua. As principais vías de comunicación que atravesan a reserva permiten acceder de xeito rápido a outros lugares de interese. Dun extremo a outro acharemos excelentes mostras arquitectónicas como o mosteiro de Meira ou a fortaleza de San Paio de Narla (Friol), visitable e convertida en museo; restos arqueolóxicos como o castro de Viladonga ou os achados romanos de Santalla de Bóveda; ou exemplos de artesanía tradicional como a olaría de Bonxe (Outeiro de Rei).

A ter en conta

Promoción Turística “Terras do Miño” Teléfono: +34 902 101 117 Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) Teléfono: +34 982 227 812 Deputación Provincial de Lugo. Reserva de la Biosfera "Terra do Miño" Teléfono: +34 982 265 358 Conjunto Etnográfico A Fervenza Teléfono: +34 982 150 610 Enderezo: CarreteraLugo-Páramo (O Corgo) Centro de Interpretación Terras do Miño Teléfono: +34 902 101 117 Enderezo: Río Fervendoira - Lugo Aula de Naturaleza del Veral (Lugo) y Centro de Recuperación de Fauna Salvaje O Veral Teléfono: +34 982 207 705 Enderezo: Carretera de Friol - Lugo

As Terras do Miño

Maxia e a alma do Miño rumorescente entre serras e bosques sagrados

O tempo

Imaxes

Ecosistema

Flora

Fauna

Patrimonio material

Patrimonio inmaterial

As Terras do Miño

Maxia e a alma do Miño rumorescente entre serras e bosques sagrados

O tempo

Imaxes

Como chegar?

Os municipios incluídos na Reserva da Biosfera ascenden a un total de 26: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.

Permisos necesarios

Non hai contido que amosar.

Contacto

Miradoiros

Ocio

Produtos locais

As Terras do Miño

Maxia e a alma do Miño rumorescente entre serras e bosques sagrados

Non hai documentos que amosar.