Tranfronteiriza do Xurés-Gerês


Tranfronteiriza do Xurés-Gerês

Horizontes de granito onde se abrazan Galicia e Portugal

O tempo

Imaxes

Introducción

Declarada no ano 2009 cunha superficie total 330.874 ha, sitúase nunha zona ao suroeste da provincia de Ourense, entre España- Portugal.

En canto a súa extensión, no norte de Portugal sitúanse 267.958 ha e en Galicia 62.916 ha. Comprende os concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muiños en Galicia, e Arcos de Valdevez, Melgaço, Montalegre, Ponte da Barca e Terras de Bouron no norte de Portugal

Outras figuras de protección:

  • Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) “Baixa Limia - Serra do Xurés”, de 31.287 ha;
  • Zona Especial de Conservación (ZEC) “Baixa Limia”, de 33.920 ha;
  • Parque Natural “Baixa Limia - Serra do Xurés” de 29.345 ha;
  • Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Baixa Limia-Serra do Xurés” de 31.287 ha e “Baixa Limia” de 33.920 ha.;
  • Parque Nacional da Peneda Gerês (Portugal);
  • SIC Serras da Peneda e Gerês;
  • Reserva Bioxenética Matas de Palheiros Albergaria;
  • Rede de Reservas Bioxenéticas do Consello de Europa.

Este espazo natural dividido polas fronteiras, pero unidos polas características da natureza e a cultura, conta cunha rede hidrográfica densa, ecosistemas en bo estado de conservación e especies de fauna e flora de excepcional interese para a conservación da natureza e a biosdiversidade. Distínguese polo elevado valor do seu patrimonio natural e pola existencia de hábitats naturais pouco fragmentados.

A Reserva localízase nunha zona de transición entre dúas grandes rexións florais europeas: a eurosiberiana (provincia atlántica) e a mediterránea (provincia carpetanoleonesa).

A actividade humana desenvolvida dende vai 4.000 anos foi modelando unha paisaxe onde predominan as matogueiras e as zonas arboradas nas ladeiras e nos vales. A formación vexetal máis estendida é ou bosque caducifolio, con carballos, bidueiros, alvedros e acivros.

As diferentes orientacións da substitución, as variacións bruscas de altitude e a influencia dos climas atlántico, mediterráneo e continental, dan orixe a unha gran diversidade de microclimas na reserva. Estes, asociados á constitución esencialmente granítica do chan, crean características particulares, orixinando aspectos botánicos moi especiais, que lle confiren un lugar de preferencia en relación á flora ibérica

Patrimonio Natural

Nesta rexión pódense atopar especies de flora que varían desde aquelas que son características de zonas mediterráneas e subtropicais, ata as que predominan en zonas euro-siberianas e alpinas, así como especies endémicas como o Lirio do Xurés (Iris boissieri), a timelea (Tymelea broterana) ou a armeria (Armeria humillis Subs. Humillis).

A diversidade de hábitats, a variada flora, e a fisiografía singular da reserva permiten reunir neste territorio condicións favorables para a manutención dunha gran diversidade de fauna (lobo, corzo, morcegos, marta, víboras,...).

No territorio están identificadas 147 especies de aves, moitas das cales son migratorias. Destacan, polo seu status de conservación ou pola súa reducida área de distribución na península ibérica, o águia real, a choia piquirroja, o bufo real e o falcón abelleiro.

A área presenta elementos endémicos ou que teñen aquí o seu límite de distribución. É de destacar a presenza de 23 especies de flora vascular incluídas nas diferentes listaxes de protección a nivel europeo, nacional e autonómico.

Contabilízanse no territorio un total de 284 especies de vertebrados e 1.196 especies de invertebrados referenciados.

Patrimonio Cultural

A cultura dos pobos prerromanos está representada nos impresionantes dólmenes esparexidos por toda a zona. Existen monumentos latinos de primeira orde como os campamentos militares, (Aquis Querquernis e Aquis Originis), que serven de excelente exemplo explicativo do proceso da romanización. Por este espazo pasa a Via Nova (Vía XVIII - Bracara Agusta con Asturica Augusta).

Igualmente existen rastros de cultura castrexa en castros e mámoas, que acompañan a outros elementos etnográficos como os muíños, alvarizas, chivanas (refuxios de pastores no monte), canastros, etc.

Tamén pódese citar outros exemplos de recursos culturais como a igrexa de Santa Comba de Bande, exemplo insigne do estilo arquitectónico visigodo.

Servizos

Aloxamento: Si. Comer: Si.

Información de utilidade

Sen perdida: Non será difícil atoparmos topónimos de case todas as orixes e pobos que ocuparon estas terras, así como os vestixios monumentais e artísticos que nos deixaron. A cultura dos pobos prerromanos representada nos impresionantes dolmens espallados por toda a zona. Monumentos latinos de primeira orde como o acampamento romano de Aquis Querquernis, visible e visitable cando as augas do encoro das Conchas baixan o seu nivel. Pero todo o ano conta cunhas instalacións que serven de excelente exemplo explicativo do proceso da romanización polas armas e a palabras deste extremo do imperio romano. Preto dela tamén se encontra a igrexa de Santa Comba de Bande, exemplo senlleiro do estilo arquitectónico visigodo. Para mostras da arquitectura barroca, o concello de Entrimo ofrece a magnífica fachada da igrexa de Santa María a Real. En calquera recuncho, as construcións populares como os muíños, alvarizas, “chivanas” (refuxios de pastores no monte), “canastros” no galego da zona e “espigueiros” en portugués (hórreos), fontes, cruceiros, camiños, valados… amósannos no seu corpo de pedra a fonda e rica creatividade popular. Na vertente portuguesa, o punto de peregrinación popular máis importante sitúase no santuario da Peneda e a súa soada fervenza en época de chuvias, no concello de Melgaço. Os itinerarios de acceso posibles sitúanse desde a vertente doMiño ou atravesando a raia desde Entrimo, tamén polo interesante punto do Castro Laboreiro.

A ter en conta

Extensión: 259.496 hectáreas (62.916 ha en Galicia e 205.580 ha en Portugal). Sede del Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés Teléfono: +34 988 448 048 Centro de Interpretación del Parque Natural Teléfono: +34 988 448 048 Teléfono 2: +34 988 448 181} Enderezo: Lobios Centro de Interpretación Arqueológica Aquae Querquennae - Via Nova Teléfono: +34 988 444 401 Teléfono 2: +34 988 448 181} Enderezo: Porto Quintela (Bande)

Tranfronteiriza do Xurés-Gerês

Horizontes de granito onde se abrazan Galicia e Portugal

O tempo

Imaxes

Ecosistema

Flora

Fauna

Patrimonio material

Patrimonio inmaterial

Tranfronteiriza do Xurés-Gerês

Horizontes de granito onde se abrazan Galicia e Portugal

O tempo

Imaxes

Como chegar?

Permisos necesarios

Non hai contido que amosar.

Contacto

Miradoiros

Ocio

Produtos locais

Tranfronteiriza do Xurés-Gerês

Horizontes de granito onde se abrazan Galicia e Portugal

Non hai documentos que amosar.