Organización de cursos de capacitación da poboación local e distintos axentes sociais dinamizadores no ámbito da RBTGX. 2019

mércores, Xuño 19, 2019

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no marco do programa POPTEC Xurés-Gêres Dinámico, convoca varios cursos para impulsar a capacitación da poboación local e dos distintos axentes sociais da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês, o único espazo natural protexido con carácter transnacional na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Con esta proposta preténdese, por un lado, impulsar aquelas actividades que contribúan a promover os valores naturais, históricos e etnográficos desta zona e, por outro, ofrecer un conxunto de competencias e coñecementos aos habitantes desta Reserva co obxectivo de favorecer a adopción de prácticas e procedementos acordes cos valores naturais e culturais que se desexan protexer. En definitiva, con estas actividades preténdese contribuír á conservación e uso sustentable deste espazo protexido e á mellora das aptitudes da súa poboación.

Os cursos dispoñibles son os seguintes:

  • Agricultura ecolóxica: aproveitamentos tradicionais e secundarios das plantas: cultivos de interés
  • Gandeiría ecolóxica
  • Aplicación novas tecnoloxías para xestión e coñecemento da reserva da biosfera

Podedes consultar todos os detalles destes cursos aquí.