Río Eo, Oscos e Terras de Burón


Río Eo, Oscos e Terras de Burón

Onde o Eo coñece o Salmón e o mar a Tartaruga

O tempo

Imaxes

Introducción

A Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón ocupa unha superficie de 159.379 ha, das que 496 ha corresponden a augas mariñas someras, próximas á costa de ambas as comunidades e adxacentes ao estuario do río Eo.

En consecuencia, a Reserva abrangue un total de 158.883 ha terrestre repartidas en 14 municipios: 7 na parte galega (Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz, todos eles da provincia de Lugo) e 7 da parte asturiana (Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos). Con todo, a repartición superficial non está tan equilibrada, xa que dúas terceiras partes (algo máis de 108.000 ha) atópanse dentro do territorio galego, mentres que o terzo restante (51.000 ha) é territorio asturiano.

 

Patrimonio Natural

No territorio da reserva é posible identificar un total de 41 tipos de hábitats de interese comunitario, dos que 11 son considerados prioritarios, centrados fundamentalmente nos ecosistemas dunares, as matogueiras costeiras, zonas húmidas continentais e bosques ligados a medios húmidos.

Entre as especies máis destacables están diferentes especies que habitan nos corredores fluviais como o salmón atlántico (Salmo salar), a lamprea (Petromyzon marinus), o mexillón de río (Margaritifera margaritifera), o cangrexo de río (Austropotamobius pallipes) e, entre os mamíferos pódese citar a nutria (Lutra lutra) ou o rato de almiscre ibérico (Galemys pyrenaicus).

Entre as especies de flora de interese, poden destacarse taxons nemorais característicos de formacións do Terciario, como Woodwardia radicans e Vandenboschia speciosa, especies propias de matogueiras húmidas como Sphagnum pylaesii, ou os narcisos Narcissus asturiensis e N. triandrus.

Tamén as augas mariñas da reserva posúen unha relevante importancia, posto que nestas foi identificada a única especie prioritaria, a tartaruga careta (Caretta caretta).

Patrimonio Cultural

Os restos tumulares e dolmens son moi abundantes e aparecen repartidos por todo o territorio da reserva, así como a multitude de conxuntos da cultura castrexa.

Ademais destes restos, é abundante o patrimonio arquitectónico, correspondente tanto á arquitectura relixiosa como civil. A primeira ten unha gran tradición, posto que houbo nestas terras varias fundacións monásticas, ademais dun importante conxunto de capelas, igrexas e ermidas.

Tamén destaca o patrimonio de tipo etnográfico, representado por pallozas, hórreos, cabazos, pombais, trobos, cortizos, alvarizas (para protexer as colmeas dos depredadores), corripas ou ouriceiras

Existen dúas rutas do Camiño de Santiago que serven de peregrinación cara a capital de Galicia: a Ruta da Costa e o Camiño Primitivo, ambos declarados Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco.

Servizos

Aloxamento: Si. Comer: Si.

Información de utilidade

Centro de Interpretación do Río Eo e do bosque de A Marronda Enderezo: Fonteo (Baleira) Aula da Natureza Casa da Ría Enderezo: Monte de Santa Cruz - Ribadeo

A ter en conta

A localidade galega de Ribadeo e as asturianas de Castropol e Vegadeo/A Veiga concentran a maior parte da poboación. Son o acceso a puntos turísticos como o treito costeiro e as praias tamén incluídas dentro da Reserva (Ver Monumento Natural A Praia das Catedrais). Existen dúas excelentes maneiras de coñecer a diversidade paisaxística da zona. Unha é percorrer a Vía Verde do Eo que recuperou once quilómetros do histórico trazado ferroviario vinculado ás minas do ferro. O punto de partida da ruta está ao pé das vellas chemineas dos fornos da Pontenova. Para acompañar o río atravésanse varios húmidos túneles e pontes colgantes ata o lugar do Cairo, onde ao Eo lle entra a présa por chegar a San Tirso de Abres, meta da Vía Verde. A importancia do tren do ferro rexorde en Ribadeo, recuperando o antigo percorrido ata o Cargadoiro, próximo á fortaleza de San Damián. Todo nun paseo marítimo ata o límite de Illa Pancha.

Río Eo, Oscos e Terras de Burón

Onde o Eo coñece o Salmón e o mar a Tartaruga

O tempo

Imaxes

Ecosistema

Flora

Fauna

Patrimonio material

Patrimonio inmaterial

Río Eo, Oscos e Terras de Burón

Onde o Eo coñece o Salmón e o mar a Tartaruga

O tempo

Imaxes

Como chegar?

Lugo: A Fonsagrada | A Pontenova | Baleira | Negueira de Muñiz | Ribadeo | Ribeira de Piquín | Trabada Coordenadas: 43º 11' 27.9" N - 7º 09' 38.9" W

Permisos necesarios

Non hai contido que amosar.

Contacto

Miradoiros

Ocio

Produtos locais

Río Eo, Oscos e Terras de Burón

Onde o Eo coñece o Salmón e o mar a Tartaruga

Non hai documentos que amosar.