A Xunta de Galicia inicia hoxe a tramitación dos Plans Reitores de Uso e xestión dos Parque Naturais Monte Aloia e Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

xoves, Xaneiro 11, 2018

A Xunta de Galicia inicia hoxe a tramitación dos Plans Reitores de Uso e xestión dos Parque Naturais Monte Aloia e Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán no 2018, tal e como se tiña comprometido a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os anuncios polos que se acorda someter a participación pública os documentos de inicio para a elaboración dos Plans Reitores de estes parques naturais. Ao mesmo tempo, ao longo das próximas semanas tamén se celebrarán encontros e reunións cos sectores implicados para consensuar a redacción destes documentos.
O obxectivo e conseguir un documento que sirva para conservar os parques naturais regulando os usos que se desenvolven, co fin último de que a xestión destes espazos permita compatibilizar a actividade tradicional coa preservación do medio.
Fai falta destacar que os plans reitores de uso e xestión desenvolven as prescricións emanadas do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais de cada parque e delimitarán as previsións de actuacións da administración no seu ámbito de aplicación, e en particular a investigación, o uso público e a conservación, protección e mellora dos valores naturais.
O Monte Aloia situado no limite sur da Serra do Galiñeiro no concello de Tui, foi o primeiro Parque Natural de Galicia , declarado en xaneiro de 1979. Conta con unha superficie de 746 hectáreas das cales mais do 80% están arboradas. En 1910 iniciouse a repoboación forestal a grande escala deste espazo con diferentes variedades de piñeiros e con outras especies exóticas, o que deu lugar a un arboreto de grande interese. Este espazo conta ademais con un importante patrimonio arqueolóxico e cultural.
No caso de Corrubedo, este parque destaca pola súa extensa duna móbil (1 km de longo, 250 m ancho e 15 m alto), que e uno dos maiores atractivos deste espazo natural, pero non o único. O Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un excelente exemplo de complexo-lagoa litoral en Galicia. Conta cun extenso sistema dunar de grande valor natural e paisaxístico e alberga muitos tipos de hábitats nun espazo relativamente reducido. Abarca 996 ha, sendo o quinto en extensión dos seis parques naturais galegos. Foi o segundo de Galicia, declarado o 15/06/1992.
Así, os futuros PRUX determinarán os programas que fagan compatible a protección dos espazos protexidos co uso público e que se desenvolveran en colaboración con outros departamentos administrativos da Xunta.