Cabana – Cabaciña

Baixa/Media
1 h
A pé
2 km
Circular
Parque Natural: Monte Aloia
Inicio/Fin: Aparcadoiro das Pozas da Cabana
O percorrido iníciase cun ascenso ao miradoiro natural de Cabaciña e desde alí, continúa por unha senda con variada vexetación que acompaña o nacemento do regato das Udencias ata as Pozas da Cabana, onde remata a ruta. Facendo esta ruta, tamén pasamos pola Senda das Udencias.
 
A Poza de Cabanas é refuxio para gran cantidade de especies de interese como diversas especies de libélula e cabaliños do demo, anfibios como a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) ou a ra patilonga (Rana iberica), réptiles como o lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) ou peixes como as vermelliñas ou reñosas (Achondrostoma arcasii).
 
Ao longo do camiño temos a posibilidade de atoparnos con greas de cabalos (Equus ferus caballus) que habitualmente percorren esta zona do parque natural.