Muíños do Deique

Media/Alta
3,30 h
A pé
6,5 km
Circular
Parque Natural: Monte Aloia
Inicio/Fin: Área recreativa da ermida de San Fins
Este itinerario de ida e volta discorre polos muíños do regato Deique, un afluente do Louro que nace no Monte Aloia. Aínda que de dificultade media, o desnivel é importante polo que hai que ter en conta a subida no camiño de volta.
 
Ademais de vexetación de ribeira, podemos atopar un bo exemplo dunha carballeira en fase de formación (Quercus robur).
 
Pola súa lonxitude e desnivel acumulado, esta ruta podería ser unha boa opción para aqueles que gozan da natureza a través do deporte.