A Muralla

Media
2 h
A pé
2,5 km
Circular
Parque Natural: Monte Aloia
Inicio/Fin: Alto de San Xiao

Esta ruta circular percorre toda a zona alta do Monte Aloia e discorre ao carón da Muralla Ciclópea. Destacan as vistas panorámicas que ofrece o camiño (Os actuais miradoiros son antigos puntos de vixilancia dende a muralla) e unha vexetación completa, tanto autóctona como exótica. Aquí está situado o miradoiro coñecido como Celta.

 

A orixe da muralla é incerta. Algúns arqueólogos sinalan que data da época grega (Schulten). Entre as teorías sobre a súa orixe, barállase a posibilidade de que rodeara o gran poboado castrexo do Monte Medulio, famoso pola súa resistencia á romanización. Tamén hai quen sitúa aquí o Castellum Tude, a cidade de Tui na época romana.

 

Tramos de diversa factura apuntan que o máis probable é que fora edificada en varias etapas e que diferentes pobos (romanos, suevos e invasores franceses) se beneficiaran da súa estrutura.