Rego de Pedra

Media
1,30 h
A pé
2,4 km
Circular
Parque Natural: Monte Aloia
Inicio/Fin: Aparcamento detrás do Centro de Interpretación

Videointerpretación ruta da Rego de Pedra

O Rego de Pedra que dá nome a esta ruta foi construído entre 1955 e 1958 coa finalidade de transportar auga aos campos de cultivo de Frinxo. Despois de pasar polo Alto de Perdurán, formación rochosa desde a que se contempla unha ampla panorámica, báixase ao inicio do mencionado rego para percorrelo na súa totalidade e, unha vez chegados á poza onde remata, volver ascendendo por outro lugar ata a Senda Botánica, lugar onde comeza e finaliza o itinerario.
 
É un dos principais valores etnográficos do Parque. No seu tramo final, o roteiro discorre a través dun bosque de carácter mediterráneo, por ser esta a zona de maior insolación do parque natural, onde abundan especies como a sobreira (Quercus suber) e o torvisco (Daphne gnidium).
 
O roteiro remata nunhas pozas de almacenaxe de auga que antigamente eran a fonte de auga para a aldea de Frinxo. Hoxe en día seguen a empregarse para regadío e ao mesmo tempo son refuxio para especies como libélulas e cabaliños do demo e anfibios que acoden a elas para reproducirse como píntegas (Salamandra salamandra), limpafontes (Triturus marmoratus e Triturus boscai), e ras (Rana iberica e Pelophylax perezi).