Senda das Udencias

Baixa
20 min
A pé
600 m
Lineal
Parque Natural: Monte Aloia
Inicio: Pozas de Cabana
Esta pequena senda descúbrenos as especies exóticas que se corresponden coa primeira repoboación do Parque, que data do 1910. As máis destacadas son o ciprés de Lawson (Chamaecyparis lawsoniana), exemplares grandes de abeto de Douglas (Pseudotsuga), sequoias e cedros.
 
A Poza de Cabanas é refuxio para gran cantidade de especies de interese como diversas especies de libélula e cabaliños do demo, anfibios como a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) ou a ra patilonga (Rana iberica), réptiles como o lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) ou peixes como as vermelliñas ou reñosas (Achondrostoma arcasii).
 
Este percorrido conta con árbores de gran porte como o Pino de Oregón (Pseudotsuga menziesii), ou un bosquete de Cipreses de Lawsón, (Chamaecyparis lawsoniana), sequoias (Sequoia sempervirens) ou Cedros (Cedrus sp.).