Ruta da Vía Romana

Media
3,30 h
A pé
8,6 km
Circular
Parque Natural: Serra da Enciña da Lastra
Inicio/Fin: Área descanso O Porto
Iniciamos a ruta nunha área recreativa ao carón do río Galir, collendo en dirección ao cemiterio para tomar a primeira desviación á esquerda que nos levará ao Alto do Coiñal a través dun tramo da calzada romana que unía Astorga e Braga. Este primeiro tramo está caracterizado por cultivos, sobreiras, matogueiras de estevas, uceiras e algún que outro castiñeiro. Continuamos a ascensión, en dirección á Cruz de Lamazal, collendo unha desviación á dereita que nos leva, en chan, á zona denominada Cruz dos Pedregais, entre pasteiros, cultivos e soutos. Contemplamos unha espléndida panorámica do val do río Galir, coas aldeas do Robledo da Lastra, O Porto e O Real. Posteriormente descenderemos, entre matogueiras de estevas ata o punto de partida.