Ruta do Caleiro

Baixa/Alta
3 h
A pé
6 km
Lineal
Parque Natural: Serra da Enciña da Lastra
Inicio: Fonte de Vilardesilva
Fin: Caleiro na beira do Sil
Iníciase a ruta na parte baixa da aldea de Vilardesilva, por un sendeiro comunal que descende entre campos de cultivo, soutos de castiñeiros e pasteiros, non sendo difícil atopar rabaños de cabras pola zona. A andaina comeza nunha pendente descendente cara ao río, podendo observar unha magnífica panorámica do Sil encorado fronte a Penarrubia junto a un impresionante cortado calcario, lugar de nidificación da aguia real. Continuamos ata chegar a un souto de castiñeiros con érbedos e rodeado de aciñeiras, mato mediterráneo, penedos calcarios e vexetación de ribeira. Traspasados os castiñeiros chegamos ao “caleiro”, forno tradicional de elaboración de cal, onde acaba a ruta.
O tramo de ida son só 3 km (1,30h) de dificultade baixa, sendo a volta moito máis esixente.