Ruta Baixo de Páramo

Media
2 h
A pé
4 km
Circular
Parque Natural: Serra da Enciña da Lastra
Inicio/Fin: Área de descanso de Cornatel
A ruta comeza nun camiño totalmente chan no primeiro quilómetro, entre aciñeiras e sobreiras, ata atopar unha bifurcación á esquerda que descende ata a beira do río Sil, hoxe remansado polo encoro de Penarrubia. Proseguimos a ruta ladeira arriba para atopar de novo o camiño inicial, entre aciñeiras, sobreiras e muros de pedra calcaria de antigos socalcos de cultivo.
Poderemos gozar dunha espléndida panorámica do val de Covas con terras de cultivo, soutos de castiñeiros, aciñeirais, érbedos, sobreiras e, preto do curso fluvial, amieiros, freixos e chopos. Atentos ao ceo para ver aves coma o voitre branco, o falcón peregrino ou a emblemática aguia real.