Ruta das Dúas Vertentes

Media
1,30 h
A pé
4 km
Circular
Parque Natural: Serra da Enciña da Lastra
Inicio/Fin: Biobra
Iniciando a ruta na fonte-lavadoiro do núcleo rural de Biobra, ascendemos polas rúas da aldea ata chegar ao centro de visitantes do Parque Natural continuando en dirección ao cemiterio. Unha vez pasado este, tomaremos un camiño ascendente que nos levará, entre soutos de castiñeiros e terras de cultivo, ata o lugar coñecido como “Ladeira Abeirada”, desde onde divisaremos una boa paisaxe do val do río Galir. Seguimos o sendeiro rodeados de aciñeiras e estevas ata chegar ao miradoiro do lugar coñecido como Alto da Escrita (807 m), tendo unha impresionante e fermosa visual dos vales dos ríos Sil e Galir. No descenso colleremos unha desviación á dereita que nos levará, entre castiñeiros e cultivos, ata o lugar de partida en Biobra.