Ruta das Galegas

Media
3 h
A pé
6,8 km
Lineal
Parque Natural: Serra da Enciña da Lastra
Inicio: Área de descanso de Val Salvador
Fin: Área do tanque de incendios (Oulego)
Iniciamos a ruta na área de descanso de Valdesalvador, en Biobra, desde onde divisamos unha panorámica do val do río Galir. Collemos o camiño en dirección ao alto da serra entre aciñeiras, sendo a vexetación que domina neste tramo de ruta. Unha vez que chegamos ao cumio, na zona do Penedón (848 metros), desviámonos por un sendeiro en dirección ás Galegas ata chegar a zona denominada Cruz dos Pedregais, na que se fai máis patente a matogueira mediterránea de estevas.
Desde aquí, dirixímonos en dirección aos singulares Penedos de Oulego, para descender ata o núcleo rural entre leiras, soutos de castiñeiros e pasteiros e chegar ao barrio de Valdesobreira, onde contemplaremos exemplos de arquitectura tradicional. Finalizamos a ruta na área do tanque de incendios na beira do río Galir. A ruta tamén se pode facer en sentido inverso Oulego-Biobra.