Padrendo

Media/Alta
4 h
A pé
11 km
Circular
Inicio/Fin: Padrendo (Lobios)

Videointerpretación ruta da Padrendo

No fin da aldea de Padrendo, unha senda conduce aos arredores da antiga aldea de Outeiro, desde onde ascende preto dun regato con muíños restaurados ata unha chaira denominada Chan de Ventoselo, cunha vista impresionante da Serra de Santa Eufemia. Continuando o camiño contémplase unha fermosa vista do val do río Caldo e da Serra do Xurés. A ruta descende ata a vila de Torneiros, que contén un interesante conxunto de hórreos de pedra, e continúa ata Bubaces, onde se conservan sete antigas minas para gardar o viño. Desde aquí comeza o regreso ao punto de partida, por antigos camiños que pasan pola igrexa de Santa María do Val de Riocaldo.